Ciclo Formativo de Grao Medio


Coidados Auxiliares de Enfermeria


"Gústache coidar ós demais, o mundo da sanidade e da medicina?"











Información



Familia Sanidade
Nome ciclo Coidados Auxiliares de Enfermería
Grao Medio
Horas 1400

Módulos:

              

Curso

Módulos profesionais

Horas

Formación e orientación laboral

55

Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material

160

Operacións administrativas e documentación sanitaria

55

Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente

130

Relacións no equipo de traballo

55

Técnicas básicas de enfermaría

320

Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica

130

Horas á disposición do centro

55

Formación en centros de traballo

440












Requisitos de Acceso


Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
  1. ⎕ Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatorio ou dun nivel académico superior
  2. ⎕ Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
  3. ⎕ Ter superado o segundo curso de Bacharelato Unificado ou Polivalente(BUP)
  4. ⎕ Ter aprobado a proba de acceso a ciclos medios












Saídas Profesionais

  • Os ámbitos onde se traballará serán:
     -Organización e xestión da unidade e/ou consulta.
     -Prestación do servizo.
     -Educación sanitaria.

    Nestes ámbitos, as ocupacións ou postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
     -Auxiliar de enfermaría en hospitais, centros de saúde, sanatorios, clínicas.
     -Auxiliar de enfermaría en residencias, xeriátricos,  centros de día, balnearios.
     -Auxiliar de coidados de enfermería a domicilio.
     -Auxiliar bucodental.
     -Auxiliar pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.

    TITULACIÓN
    A titulación que se obtén é Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.









Empresas


Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)
RESIDENCIAS / XERIÁTRICOS / CENTROS DE DÍA / BALNEARIOS
  • Residencia OS TERCIOS – Touro

  • Residencia S. JOSÉ - Arzúa

  • Residencia da MAGDALENA - Boimorto

  • Residencia FONTE DO SANTO – Coirós

  • Residencia MEU LAR – Taboada

  • Residencias GRUPO  GERIATROS

  • Residencia Santa Teresa Jornet – A Coruña

  • Residencia SAN SALVADOR –Guntín

  • Residencia Municipal Maiores – Ordes

  • Residencia de Maiores – Melide

  • Residencia de Maiores - Boimorto

  • SARQUAVITAE San Lázaro - Santiago

  • Residencia Porto Avieira - Oroso

  • Centro de Día Municipal – Palas de Rei

  • Balneario RIO PAMBRE – Palas

  • Balneario de Guitiriz

  • Apartamentos Tutelados – Antas de Ulla

  • HOSPITAIS / SANATORIOS / CLINICAS / ASOCIACIÓNS
  • Complexo Hospitalario Univ. - Santiago

  • Hospital Lucus Augusti -  Lugo

  • Complexo Hosp. Univ.  A Coruña

  • Hospital OLLOS GRANDES – Lugo

  • POLUSA – Lugo

  • Hospital La Esperanza – Santiago

  • Hospital S. Rafael – A Coruña

  • Hospital Modelo – A Coruña

  • Policlínico La Rosaleda – Santiago

  • Sanatorio La Robleda – O Pino

  • Centro de Fisioterapia CRISMAR - Arzúa

  • Centro Médico Asistencial Lalín S.L.

  • Policlínica Betanzos SALUD – Betanzos

  • Policlínico Santa Teresa - A Coruña

  • Maternidad Belén – A Coruña

  • Clínica LUZENTI – Ordes

  • Clínica DEZA – Lalín

  • Centro Especialidades La Rosaleda – Lalín

  • Centro Médico Asistencial - Lalín

  • Asociación AMARAI – Arzúa

  • CENTROS DE SAÚDE:
    • Arzúa, Palas de Rei, Sobrado, Touro, Ventorrillo, Melide, Monterroso, Oroso, Casa do Mar, Concepción Arenal, Tordoia, Betanzos, Vila de Cruces, Boimorto.

    • CLÍNICAS DENTAIS:
    • Centro Galego Estético Dental-Arzúa,. Dr. OTERO – Arzúa. Dr. PEINÓ - Arzúa. ALBERTO RAMA – Ordes. Dr. Sánchez Vizcaíno - Melide. MELIDENT – Melide. Hnos. García Somoza - Melide. Dr. Karim Gamil – Melide. Dra. Muñoz García – Palas. Dra. Penín García – Monterroso. Dra. Varela Sánchez – O Pino. ORAL GROUP – Santiago. VITALDENT – Santiago. Mosquera y castro – Oroso. VITALDENT - Lalín. Clínica Dental Vila de Cruces.










    Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula

    MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado, o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación Profesional responda ás demandas empresariais.
    MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
    Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
    Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade,  profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
    Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
    Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional,  dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico  e socio–empresarial  deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
    Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso. 










    Residencia / Comedor

    Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
     Mellorar a formación académica: o sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
    Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
    Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
    O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.










    Idiomas

    O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
    Dende este curso 13/14, Piñeiral  é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
    Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno  do centro.
    Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.










    Estudo Dirixido

    En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado  por un profesional deste centro,  ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30.
    A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.










    Bolsa Traballo

    Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por parte das empresas.
    A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.










    Acción Social e de Voluntariado

    En Piñeiral, ó longo do curso, realízanse actividades coas que se pretende que toda a comunidade educativa estea máis sensibilizada fronte ós problemas e ás necesidades sociais.
    Algunhas destas actividades son:
    Campañas de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, cartos…
    http://efagalicia.org/web/...
    http://efagalicia.org/web/...

    Campañas de sensibilización
    http://efagalicia.org/web/...
    http://efagalicia.org/web/...
    http://efagalicia.org/web/...


















    Contacto

    EFA Piñeiral


    Sta. María, s/n. 15810. Arzúa. A Coruña.

     

    Tlf: 981500580 | Fax: 981500684.


    pineiral@efagalicia.org

    www.pineiral.es