Ciclo Formativo de Grao Medio


  Actividades Comerciais


"Porque a saber vender tamén se aprende"











Información



Familia Comercio e Marketing
Nome ciclo Actividades Comerciais
Grao Medio
Horas 2000

Módulos:

              
Inglés 160
Márketing na actividade comercial 160
Xestión de compras 80
Dinamización do punto de venda 160
Procesos de venda 160
Aplicacións informáticas para o comercio 133
Formación e orientación laboral 107
Xestión dun pequeno comercio 174
Técnicas de almacén 123
Venda técnica 123
Servizos de atención comercial 87
Comercio electrónico 123
Formación en centros de traballo 410












Requisitos de Acceso


Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
  1. ⎕ Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatorio ou dun nivel académico superior
  2. ⎕ Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
  3. ⎕ Ter superado o segundo curso de Bacharelato Unificado ou Polivalente(BUP)
  4. ⎕ Ter aprobado a proba de acceso a ciclos medios












Saídas Profesionais

Os ámbitos onde se traballará serán:
 -En establecementos comerciais e no comercio polo miúdo, realizando actividades de organización, xestión e comercialización.
 -En empresas de calquera sector produtivo, na area de comercialización.
 -Nos departamentos ou nas seccións de comercialización e atención ao consumidor e usuario de calquera empresa ou organización.

Nestes ámbitos, as ocupacións ou postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
 -Encargado/a de tenda
 -Xerente de pequeno comercio
 -Empregado/a de atención ó cliente
 -Administrador/ora de contidos en liña.
 -Empregado de axencias comerciais
 -Comerciante
 -Vendedor técnico
 -Representante comercial
 -Televendedor/ora. Vendedor/ora a distancia.
 -Teleoperador/ora (en "call centers") Operador/ora de "contact centers".
 -Xefe/a de caixa
 -Xefe/a de almacén
 -Técnico/a en xestión de existencias e almacén
 -Responsable de recepción de mercadorías
 -Responsable de expedición de mercadorías.
 -Técnico/a en loxística de almacéns
 -Técnico/a de información e atención á clientela en empresas

TITULACIÓN
A titulación que se obtén é Técnico en Actividades Comerciais.










Empresas


Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)


SPORT MODA – Melide-Arzúa   

MISS ZAPATOS – Arzúa

Comercial  LAMAS – Arzúa

Perfum. CHORIMA – Arzúa

LOLITA Moda- Bertamiráns

Tiendas CAPRICHOS – Melide

ESTANCIEN – Arzúa

Super EROSKI - Arzúa

STRASS – Ordes

Farmacia MELIDE – Melide

Farmacia Mª Dolores – Arca

Farmacia Divina P. Lago – Ordes

Farmacia LAPIDO –Arzúa

Farmacia Fdz. Valiño – Melide

Farmacia Gutiérrez del Olmo – Santiago

Perfumería Fegus – Lalín

Confecciones LAGE - Arzúa

BERSHKA - Santiago

Coop. Coba de Vales – Curtis

Coop. A ARZUANA – Arzúa

Supermercados Claudio - Frades

Boutique SARY – Arzúa

ARENAL As Cancelas – Santiago

Carrefour As Cancelas – Santiago

Albergue ULTREIA- Arzúa

SUPER 1 – Arzúa

STRADIVARIUS – Santiago

GADIS – Ordes

GADIS – Melide

Seguros MAPFRE - Arzúa

Seguros MAPFRE – O Pino

Seguros MAPFRE – Melide

Asesoría FERRERO – Arzúa

Xestoría GASAEM - Santiago

Xestoría López Brey - Ordes

Xestoría NOGALLAS – Ordes

HIPERCAMPO LABREGO–  Arca

A Tenda de Marta – Arzúa

AGROVET- Arca

Coop. MELISANTO – Melide

Cooperativa Central de Frades

Supermercado CLAUDIO - Curtis

RIBEIRAO - Melide

Alimentos Rico S.L. – Curtis

AGROVISANTOÑA - Visantoña

Librería Silvia – Touro

Librería VILLAR – Carballo

Calzado SAMEDE – Ordes

Papelería ARUME – Ordes

TIEN 21 – Ordes

Librería AVIR – A Coruña

CALZADOS CAPITÁN– Ordes

Supermercados Luis - Touro

HIPERCOR – Santiago

Guarnicionería Hnos GÓMEZ -     Arzúa

INDITEX

Cocinas MODELO - Arzúa

Supermercados Xuncal – Touro

J. ESTURAO - Touro

Hidroeléctrica LUMYMEY –    Melide

Librería PICARIÑOS – Arzúa

Asesoría ALLIANZ - Melide

CAROLA moda – Arzúa

Tenda Mª Fraga – Ordes

Perfumería DA-MAS – Curtis

QUE ME COMPRO – Melide

Casa do Queixo – Sobrado

Lencería FOGAR -  Arzúa

BENDAÑA – Arzúa

Zapatería  ZOCOS - Arca

CIMA seguros – Touro

Granxa MARUXA-Monterroso

XEBRE – Melide











Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula

MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado, o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación Profesional responda ás demandas empresariais.
MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade,  profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional,  dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico  e socio–empresarial  deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso. 









Centro Comercial Piñeiral

“Centro Comercial Piñeiral” é un proxecto do alumnado do ciclo medio de Comercio
Este proxecto desenvolveuse por primeira vez no curso 2007-2008 e na súa orixe atópase a necesidade de contar cun espazo comercial o máis real posible para a simulación dos procesos comerciais que compoñen o currículo  do ciclo de Comercio. Deste xeito, o taller de prácticas de comercio transformouse, grazas ao mobiliario comercial, en catro puntos de venda para catro actividades comerciais distintas. No comezo de cada curso, o alumnado de Comercio,  distribuído grupos, decide cal vai ser a actividade  do seu punto de venda e o proxecto consiste en:
-Deseñar a distribución de espazos e a colocación do mobiliario e dos complementos.
-Conseguir o aprovisionamento de produtos ( normalmente caixas ou artigos usados pero en bo estado…)
  • -Etiquetar  os produtos e elaborar inventario.
  • -Colocar o produto no punto de venda e determinar o surtido.
  • -Planificar os escaparates que se van montar, deseñalos e executalos  de acordo coa época e/ou tempada.
  • -Simular  tarefas de compras, vendas, empaquetado,  devolucións, reclamacións, ofertas, rebaixas e promocións.
  • -Deseñar modelos de publicidade axeitados a cada época/tempada.
  • O proxecto remata coa visita guiada ó centro Comercial que organiza o alumnado de comercio  en momentos puntuais cara a fin de curso, como son o Acto de Clausura ou as xornadas de portas abertas do Centro.







Plan Proxecta: Galicons-net

O alumnado do Ciclo Medio de Comercio de Piñeiral está a desenvolver un proxecto sobre consumo responsable dentro do programa Plan Proxecta: Galicons-net, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. O proxecto chámase “E TI COMPRAS POR INTERNET? SI, PERO SÓ CANDO É SEGURO”
Despois de participar en distintas actividades coa finalidade de obter datos e chegar a coñecer o proceso completo dunha compra segura por internet, o grupo traballou esa información e doulle forma converténdoos en distintos produtos ou resultados de aprendizaxe cos que poder difundir a súa experiencia entre a comunidade educativa do centro Piñeiral e doutros centros do entorno.
Entre os resultados do proxecto destacan dous:
-A elaboración dun vídeo didáctico que mostra os puntos a ter en conta cando se quere facer una compra segura por Internet. A personaxe principal do vídeo é unha Carapuchiña do século XXI, que ten smartphone, tablet e mesmo compra por internet un regalo para a súa avoa, fiándose dos consellos da súa nai e escapando dos que lle dá o lobo.
-A elaboración dunha guía de boas prácticas, un resumo que recolle de forma simplificada os consellos imprescindibles para comprar con seguridade en Internet.

VER GUÍA DIDÁCTICA














Residencia / Comedor

Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
Mellorar a formación académica: o sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.














Idiomas

O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
Dende este curso 13/14, Piñeiral  é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno  do centro.
Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.














Estudo Dirixido

En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado  por un profesional deste centro,  ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30. 
A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.














Bolsa de Traballo

Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por parte das empresas.
A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.







Acción Social e de Voluntariado

En Piñeiral, ó longo do curso, realízanse actividades coas que se pretende que toda a comunidade educativa estea máis sensibilizada fronte ós problemas e ás necesidades sociais.
Algunhas destas actividades son:
Campañas de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, cartos…
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...

Campañas de sensibilización
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...





























Contacto

EFA Piñeiral


Sta. María, s/n. 15810. Arzúa. A Coruña.

 

Tlf: 981500580 | Fax: 981500684.


pineiral@efagalicia.org

www.pineiral.es