Ciclo Formativo de Grao Medio


Panadaría, repostaría e confeitaría


"Queres inventar unha gominola, que un doce leve o teu nome?"











Información



Familia Industrias agroalimentarias
Nome ciclo Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao Medio
Horas 2000

Módulos:

              
Elaboracións de panadaría e bolaría 347
Formación e Orientación laboral 107
Materias primas e procesos en Panadaría, Pastelaría e Repostaría 133
Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80

Procesos básicos de Pastelaría e Repostaría

240
Seguridade e Hixiene na manipulación de alimentos 53
Elaboracións de Confeitaría e outras especialidades 192
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410
Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría 70
Produtos de obradoiro 175
Sobremesas e  restauración 140














Requisitos de Acceso


Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
  1. ⎕ Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatorio ou dun nivel académico superior
  2. ⎕ Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
  3. ⎕ Ter superado o segundo curso de Bacharelato Unificado ou Polivalente(BUP)
  4. ⎕ Ter aprobado a proba de acceso a ciclos medios












Saídas Profesionais

Os ámbitos onde se traballa son:
 -Obradoiros artesanais ou semi-industriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría
 -En hostalaría, obradoiros en restaurantes, hoteis, balnearios…
 -Artesáns e profesionais por conta propia ou allea.
Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría. Nestes ámbitos, exercen como
 -Panadeiro/a
 -Pasteleiro/a
 -Reposteiro/a
 -Confiteiro/a
 -Elaborador/a de bolaría
 -Elaborador/a de masas e bases de pizza.
 -Elaborador/a de turróns.
 -Elaborador/a de caramelos e doces.
 -Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate.
 -Churreiro/a.
 -Galleteiro/a.
 -Elaborador/a de sobremesas en restauración.

TITULACIÓN
A titulación que se obtén é Técnico en Panadaría, repostaría e confeitaría.










Empresas


Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)


Pastelería NOGALLÁS – Ordes
Confitería Doriel - Culleredo
Pastelería A TAHONA - Melide
Pastelería SUEVIA – Cacheiras
BLANROCH Pasteleros  – A Coruña
Tartas La Abuela – O Pino
Pastelería MIGUEZ - Sigüeiro
Fornos Fdo. VALIN - Palas de Rei
Pastelería A LÚA – Arzúa
Pastelería O PAZO – Arbo
AGRA Panaderos – A Coruña
Restaurante Recuncho da Anduriña – Vigo
SUPAN S.L. – Vigo
Panadería Casa Zapateiro-Lanzá
Pastelería ELENSU – Santiago
Panadería CRISTOBO – Arzúa
Panadería  FERRUCHO -     Vilasantar
Panadería MILAGROS – Ordes
Panadería GARCOS –     Coristanco
Panadería VÁZQUEZ- Arzúa
Panadería MANSO – Antas de Ulla
Panadería TOQUES - Toques
Panadería PIRUCHO – A Cañiza
Panificadora Sta. CRUZ - Oleiros
Panadería TRISQUEL - Melide
Tahona Coruña S.L. – A Coruña










Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula

MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado, o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación Profesional responda ás demandas empresariais.
MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade,  profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional,  dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico  e socio–empresarial  deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso. 









Master-PREC

MasterPREC é unha actividade que a comunidade educativa do Ciclo Formativo de Grao Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría (PREC) deseñou para dar a coñecer a profesión  de artesán pasteleiro/a, tan tradicional na nosa cultura, ó  alumnado de ESO. A actividade é un obradoiro no que, ademais de entreter, transmítense aspectos técnicos e nutricionais.

Os obxectivos que se pretenden con este obradoiro son:

 -Espertar no alumnado o interese e o gusto pola pastelaría, repostaría e confeitaría, de xeito que poidan coñecer e  valorar estas profesións.
 -Tomar conciencia da importancia dos aspectos técnicos e nutricionais no plan de produción.
 -Coñecer as cualidades e capacidades propias de esas actividades.
 -Fomentar nos participantes a creatividade, a innovación, a capacidade de organización e de traballo en equipo.
Para impartir MasterPREC, é fundamental a involucración do alumnado que está a cursar o ciclo Medio de Repostaría xa que son os que transmiten os seus coñecementos á xente nova que participa na actividade.
As receitas que se elaboran en MasterPREC son sinxelas pero  creativas e innovadoras, buscando sempre que os participantes xoguen e traballen coas distintas texturas, sabores e cores ata acadar o produto desexado.












Residencia / Comedor

Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
Mellorar a formación académica: O sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.














Idiomas

O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
Dende este curso 13/14, Piñeiral  é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno  do centro.
Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.














Estudo Dirixido

En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado  por un profesional deste centro,  ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30.
A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.














Bolsa de Traballo

Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por parte das empresas.
A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.







Acción Social e de Voluntariado

En Piñeiral, ó longo do curso, realízanse actividades coas que se pretende que toda a comunidade educativa estea máis sensibilizada fronte ós problemas e ás necesidades sociais.
Algunhas destas actividades son:
Campañas de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, cartos…
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...

Campañas de sensibilización
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...
http://efagalicia.org/web/...





























Contacto

EFA Piñeiral


Sta. María, s/n. 15810. Arzúa. A Coruña.

 

Tlf: 981500580 | Fax: 981500684.


pineiral@efagalicia.org

www.pineiral.es