Ciclo Formativo de Grao Superior
Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
"Profesionais que se adiantan ó futuro para mellorar o presente "
Información
Familia | Comercio e Marketing |
Nome ciclo | Xestión de Vendas e Espazos Comerciais |
Grao | Superior |
Horas | 2000 |
Módulos:
Formación e orientación laboral | 107 |
Inglés | 160 |
Investigación comercial | 132 |
Márketing dixital | 187 |
Políticas de márketing | 187 |
Xestión económica e financeira da empresa | 187 |
Escaparatismo e deseño de espazos comerciais | 105 |
Loxística de almacenamento | 123 |
Loxística de aprovisionamento | 105 |
Organización de equipos de vendas | 87 |
Técnicas de venda e de negociación | 105 |
Xestión de produtos e promocións no punto de venda | 105 |
Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Requisitos de Acceso
Pódese acceder a este ciclo cando se reúne un
dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión do título de BACHARELATO (LOE)
- Estar en posesión dun título de Técnico Superior ou Técnico
especialista.
- Ter aprobado a proba de acceso a ciclos superiores.
- Ter superado COU (Curso de Orientación Universitaria)
Saídas Profesionais
Os ámbitos onde se traballará serán:
-En establecementos comerciais, áreas comerciais, distribuidoras e no comercio polo miúdo, realizando actividades de organización, de xestión e comercialización, de márketing, de atención ao cliente-usuario e de deseño e implantación de espazos comerciais.
-En empresas de calquera sector produtivo - Industria, comercio e agricultura- na área de comercialización e márketing.
-En entidades financeiras e de seguros, nos departamentos de vendas, comercial ou de márketing
-En empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras.
-En empresas de loxística e transporte.
-En axencias comerciais e asesoras comerciais e xurídicas.
-En asociacións, cooperativas, institucións.
Nestes ámbitos, as ocupacións ou postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
-Coordinador/a de representantes
-Supervisor/ora de telemárketing
-Merchandiser
-Administrador/ora de contidos en liña
-Xefe/a de vendas. Encargado/a de tenda. Encargado/a de sección.
-Escaparatista comercial.
-Deseñador/ora de espazos comerciais. Técnico de novas instalacións.
-Especialista en implantación de espazos comerciais.
-Técnico de márketing. Responsable de promocións no punto de venda.
-Encargado/a de almacén.
-Axudante do xefe de produto.
-Técnico de compras.
-Técnico de vendas.
-Axudante do xefe de loxística.
-Técnico en traballos de campo de investigación comercial.
TITULACIÓN
A titulación que se obtén é Técnico Superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais..

Empresas
Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)
GADISA – Betanzos Ediciones BOLANDA - Santiago FEARMAGA – Santiago Leroy Melín – Santiago Entremetidos – A Coruña Cosméticos Anfer - Bergondo JIM SPORT – Melide Coop. Coba de Vales – Curtis Coop. A ARZUANA – Arzúa Carrefour As Cancelas – Santiago Casa Grande de Xanceda - Mesía Hotel Puerta del Camino - Santiago Albergue ULTREIA- Arzúa Seguros MAPFRE - Arzúa Seguros MAPFRE – O Pino Seguros MAPFRE – Melide Asesoría FERRERO – Arzúa |
Xestoría López Brey - Ordes Xestoría NOGALLAS – Ordes HIPERCAMPO LABREGO– Arca Comercial LAMAS – Arzúa Coop. MELISANTO – Melide Cooperativa Central de Frades RIBEIRAO - Melide Librería AVIR – A Coruña Instalaciones Liñares - Ordes Guarnicionería Hnos GÓMEZ - Arzúa Seguros BILBAO - Santiago KIFORT – Milladoiro Maderas COMPOSTELA - Ames J. ESTURAO - Touro Asesoría ALLIANZ - Melide Cooperativa FEIRACO – Negreira Concesionario GONZACAR - Santiago |
Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula
MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na
formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como
obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado,
o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación
Profesional responda ás demandas empresariais.
MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade, profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional, dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico e socio–empresarial deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso.

Residencia / Comedor
Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
Mellorar a formación académica: O sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.

Idiomas
O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó
mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
Dende este curso 13/14, Piñeiral é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno do centro.
Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.

Estudo Dirixido
En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo
o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado por un profesional deste
centro, ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30.
A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.

Bolsa de Traballo
Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por
parte das empresas.
A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.