HOME arrow IDTR
jueves, 11 de marzo de 2010
INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTE TECNOLÓXICO RURAL PDF Imprimir E-Mail

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 

Obxetivo:

O obxetivo de idtr é dotar ao eido rural dunha axeitada infraestrutura tecnolóxica e de comunicacións ao servizo do profesional agrogandeiro.

As áreas de actuación ou inicidencia de Ainfogra son Medio Rural, Novas Tecnoloxías Libres e Xestión Integral. Deste xeito Ainfogra érguese como pilar de difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio.

 

 

 

 

Proxectos en curso:

Ainfogra.com

Ainfogra xurdiu no ano 2006 como iniciativa da Federación EFA de Galicia e foi desenvolvido físicamente no Centro de Promoción Rural - Efa Fonteboa. Contou, nos seus inicios, co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria , Dirección Xeral de promoción Industrial e Sociedade da Información e coa colaboración e cofinanciación da Cooperativa Agraria Provincial.

As áreas de actuación ou inicidencia de Ainfogra son Medio Rural, Novas Tecnoloxías e Xestión Integral. Deste xeito Ainfogra érguese como pilar de difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio Rural.

As áreas de actuación concretas de Ainfogra son:

 

  • Difusión: Difusión / información sobor o Software Libre e os beneficios que o mesmo pode supor tanto persoal como profesionalmente.
  • Formación: Formación en Software libre a través de todas as infraestructuras posibles, presencial, online, mixta, etc.
  • Desenvolvemento de Software: Creación de Software Libre e gratuito de Xestión Integral para as pequenas e medianas empresas do Medio Rural. 

 

 Maís Información en www.ainfogra.com

 

 

 

 

 

XestLin

 Xestlin ten como obxectivo crear un aplicativo Libre e Gratuito ERP para o Turismo Rural.

Este proxecto xorde das necesidades detectadas no PCDT (Polo de compentencias para o desenvolvemento do turismo local), a través dos distintos proxectos levados a cabo no mesmo. Desta basta rede de empresas do turismo detéctase unha necesidade de integrar as TIC, non só como medio de promoción / publicitario, senón de xestión e calidade do servizo.

Na actualidade esta rede conta cun aplicativo web orientado á xestión dos seus servizos e xestión de reservas. www.finisterraesupremum.com.

O noso obxectivo final é contar cun aplicativo local que permita a xestión de compras, reservas, facturación, custos fixos, man de obra, etc, en conexión directa coa plataforma online para a xestión de reservas e control de vacantes.

Na actualidade estamos traballando no desenvolvemento do aplicativo de Xestión XestLin.

Módulos:
Compras de Aprovisionamentos - Facturación
Hospedaxe e Xestión de Reservas (Local e Online)
Custos (Persoal, Impostos, etc)
Informes de Situación

Características:
Sistema Operativo: Linux
Monoempresa
Licencia: GNU/GPL
Prezo: Gratuita

 

 

 

 

Recursos Creados / Dispoñibles

MANUAIS FORMATIVOS dispoñibles en  www.ainfogra.com

  • Hardware
  • Sistema Operativo Linux Ubuntu 8.10
  • OpenOffice.org
Procesador de Textos Writer
Folla de Cálculo Calc
Presentacións con Impress
Bases de Datos Base
  • Internet e Correo Electrónico
  • AinfoVac (Xestión Integral da Empresa Agrogandeira)

SOFTWARE ERP AGRARIO AINFOVAC  Dispoñible en www.ainfogra.com

PLATAFORMA DE FORMACION ONLINE: www.efagalicia.org/dokeos






Proxectos de Futuro

O noso obxetivo é continuar a traballar no desenvolvemento de novos aplicativos de xestión para o medio rural galego. Sen esquecer  a difusión do Software Libre e a formación integral como piares básicos para a integración do Eido Rural na actual sociedade dixital. A formación sen ferramentas específicas de xestión é inutil, ao igual que a  creación de ferramentas sen capacitar aos destinatarios no correcto manexo das mesmas.