|
PCPI SERVIZOS ADIMINISTRATIVOS |
|
|
|
O Programa de Cualificación Profesional Inicial de Servizos Administrativos pertence á familia profesional de Administración e Xestión. Abarca un curso académico (900 horas) que inclúen 160 horas de prácticas na empresa a final de curso.
Competencia xeral:
Realizar operacións de verificación e gravación de datos; transcribir, distribuír, reproducir, transmitir e arquivar a información e a documentación requiridas nas tarefas internas e externas administrativas e de xestión, así como realizar trámites elementais con documentos, consonte as instrucións, a normativa e os procedementos establecidos, de xeito coordinado e con criterios de calidade, produtividade, seguridade e respecto polo medio.
Ámbito profesional.
Esta figura profesional desenvolve a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou do sector público, nomeadamente en oficinas, despachos e departamentos de administración ou servizos xerais.
Sectores produtivos.
Está presente en todos os sectores produtivos, así como na Administración, e destaca polo seu alto grao de transectorialidade.
Ocupacións e postos de traballo máis salientables.
– Gravador/a e verificador/a de datos. – Operador/a documental. – Auxiliar de dixitalización. – Auxiliar de oficina. – Auxiliar de servizos xerais. – Auxiliar de arquivo. – Clasificador/a e repartidor/a de correspondencia. – Ordenanza. – Auxiliar de información. – Telefonista en servizos centrais de información. – Despachador/a de billetes.
Módulos:
De carácter xeral: Competencia comunicativa e dixital Sociedade e cidadanía Científico-matemático Iniciativa persoal e relacións laborais
Específicos: Procesamento de datos e de documentación Operacións administrativas e de comunicación Arquivo e reprografía FCT (prácticas na empresa: 160 horas)
Acceso:
Xóvenes entre 16 e 19 anos que non teñan superada a ESO.
O ciclo complementa a súa formación con visitas de estudo e conferencias de tipo técnico relacionadas co ámbito profesional.
|