HOME arrow NOVIDADES arrow Últimas Novidades arrow Maratón da ciencia. Proxecto Diverciencia.
jueves, 29 de julio de 2010
Maratón da ciencia. Proxecto Diverciencia. PDF Imprimir E-Mail

(Noticia da Voz de Galicia, 23 de outubro) É moi posible que moitos dos alumnos

da EFA - Fonteboa, pensen que as ciencias non son nada divertivas...

 

 

 

Quizais crean que as clases de física ou de bioloxía non serven absolutamente para nada, salvo para estrullarse as neuronas intentando aprenderse datos, cifras e fórmulas que xamais volverán utilizar. Só uns poucos teñen razón, pero é normal que pensen estas cousas que tamén pensabamos moitos cando estabamos no colexio ou no instituto. Non obstante, a diferenza está en que os alumnos de Fonteboa e tamén os de quinto e sexto de primaria do colexio de Bormoio, en Agualada, tiveron estes días a oportunidade de comprobar que a ciencia pode ser de todo menos aburrida. Foi grazas ao programa Diverciencia, que subvenciona a Dirección Xeral de Investigación, da Consellería de Innovación e Industria, e que no caso de Coristanco coordinou o profesor Antonio Rodríguez Mateos. Durante todo este mes os estudantes puxeron en práctica a teoría aprendida en clase e desenvolveron todo tipo de orixinais proxectos que presentaron ante os seus compañeiros. Todos os participantes recibiron un diploma e os mellores, Bieto Villar, Manuel Tomé, Adrián Riveiro e Diego Quintana, alumnos de terceiro de secundaria que construíron unha rudimentaria pero funcional cociña solar, na que demostraron que poden fritir un ovo sen necesidade de lume. O segundo premio foi para os alumnos de Evaristo Domínguez, que realizaron un orixinal experimento sobre o punto de ignición que deixou pampos os seus compañeiros, porque por momentos temeron que ían queimar un billete de cinco euros.
En total, participaron 64 alumnos de
Fonteboa e Bormoio, dende 6º de EP ata 4º dá ESO

 

  

      

 

 

       

 

 

 
< Anterior   Siguiente >