| |
|
Programa de Actividades Xaneiro - Marzo 2010 |
|
|
|
|
Publicado o programa de actividades do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa para o período Xaneiro - Marzo 2010.
| II XORNADAS DE FRUTICULTURA | | Coa parada vexetativa dos meses de inverno, é o momento preciso para levar a cabo diversas tarefas nas árbores: plantacións, podas e enxertos principalmente. Desde hai anos véñense organizando diversas accións formativas neste eido. Coa posta en funcionamento do «Polo de Competencias para o desenvolvemento local» están programadas as II Xornadas de Fruticultura, que terán lugar nas datas seguintes: xoves 21 (15:30 a 19:30), venres 22 (15:30 a 19:30) e sábado 23 (10:00 a 13:30), de xaneiro.
Xoves 21: Poda de frutais de pepita e de oso. Poda do kiwi e da vide Venres 22: Actividade práctica en viveiro Sábado 23: Actividade práctica en plantacións
Complementaria a esta actividade haberá unha xornada práctica de poda en árbores e arbustos ornamentais que se desenvolverá nos Viveiros de San Mamed de Seavia (Coristanco). Coordina Amancio Lavandeira e para inscricións, na dirección
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
| | | | | | VIAXE TÉCNICO PROFESIONAL A LA VENDÉE (PAYS DE LA LOIRE - FRANCIA) | | Do sábado 27 de Febreiro (saída sábado 22,00 horas) ao sábado 6 de marzo terá lugar a clásica viaxe profesional de Fonteboa a Meslay. Participan os alumnos de 1º de CFGM de Explotacions Agrarias, acompañados de técnicos e profesionais.
Para este ano as actividades a realizar centraranse no estudo de:
- Evolución e tendencias da actividade agraria na rexión nas diferentes producións (leite, carne, horticultura e producións hor-sol)
- A ordenación do territorio e o rol estratéxico da agricultura nas zonas rurais
- Iniciativas sobre valorización das producións agrarias (transformacióndas producións en orixe, sistemas de venda alternativos, etc)
- Intercambio de experiencias cos agricultores da rexión sobre as expectativas da agricultura atlántica no horizonte de 2013 (Reforma da
- PAC, reinvindicacións da PAAC, etc)
- Modelos de agricultura de grupo: GAECS, CUMAS, GEDAS
Para inscricións contactar coa Dirección da EFA. Coordinan Luis García e Constante Lorenzo. | | | | | | CURSO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR | | Complementario aos GT de Familias, e ao igual que en anos anteriores, neste trimestre teremos un Curso de Orientación Familiar. As sesións serán os sábados 26 de febreiro, 6 e 13 de marzo; pola tarde, de 16,00 a 18,00 horas. É unha actividade dirixida a matrimonios interesados na mellora das súas competencias na educación dos fillos.
Vai dirixido a pais con fillos con idades entre 10 e 14 anos..
Será impartido polo Instituto de Orientación Familiar Altamar de A Coruña.
Para inscricións, contactar coa Dirección da EFA.. | | | | | | XORNADAS SOBRE INSTALACIÓNS, MANTENEMENTO E HIXIENE DE INSTALACIÓNS DE MUXIDO | | Os mércores 13, 20 e 27 de xaneiro, en horario de 10,00 a 18,00 horas, terán lugar as xornadas sobre equipos de muxido: instalacións, mantenemento, limpeza, etc.
Colaboran no desenvolvemento das xornadas técnicos de Westfalia, de Alfa Laval e de Hypred. Coordina: Constante Lorenzo (
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
) | | | | | | XORNADAS SOBRE REPRODUCCIÓN EN VACÚN DE LEITE | | Os mércores 3, 10 e 25 de febreiro estarán adicados á formación en inseminación artificial en vacún de leite. O horario será de 11,00 a 18,00 h. Colaboran na formación algunhas gandeirías da zona e a empresa de xenética Selitel. Coordina: Constante Lorenzo (
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
) | | | | | | REUNIÓNS DOS "AMIGOS DAS ABELLAS" | | | Este grupo, ao que se van sumando novos efectivos, continúa co seu programa de reunións. A primeira de 2010 está convocada para o martes 19 de xaneiro as 20,00 horas. Trataranse temas de actualidade do mundo apícola, problemáticas e solucións ás mesmas e calendario de traballo para 2009 | | | | | | ACTIVIDADES DE ADAMA | | A Asociación de mulleres ADAMA (asociación para a dinamización e animación da muller do agro) continuará no primeiro trimestre de 2010 co seu plan de actividades: unha xuntanza mensual, un sábado, na sede da EFA en horario de 11 a 17,00 horas (diversas actividades de formación). O plan de actividades de 2010 concretarase en xaneiro e informarase. As persoas interesadas nas actividades poden contactar coa Directiva de ADAMA ou preguntar na Dirección da EFA.
| | | | | | OUTRAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN AGROGANDEIRA | | - Viaxe a FIMA de Zaragoza: Do 11 ao 13 de Febreiro
- Xornada técnica (comprende visita de estudo a campos de ensaio) sobre manexo de pradeiras: 10 de marzo, en colaboración con Calfensa e Semillas Clemente.
- II Xornada sobre vacún de carne: venres 17 de marzo, en horario de 10 a 14 h.
| | |
|