HOME arrow NOVIDADES arrow Últimas Novidades arrow Programa de Actividades Xaneiro - Marzo 2010
jueves, 29 de julio de 2010
Programa de Actividades Xaneiro - Marzo 2010 PDF Imprimir E-Mail

Publicado o programa de actividades do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa para o período Xaneiro - Marzo 2010.

 

 II XORNADAS DE FRUTICULTURA 
Coa parada vexetativa dos meses de inverno, é o momento preciso para levar a cabo diversas tarefas nas árbores: plantacións, podas e enxertos principalmente. Desde hai anos véñense organizando diversas accións formativas neste eido. Coa posta en funcionamento do «Polo de Competencias para o desenvolvemento local» están programadas as II Xornadas de Fruticultura, que terán lugar nas datas seguintes: xoves 21 (15:30 a 19:30), venres 22 (15:30 a 19:30) e sábado 23 (10:00 a 13:30), de xaneiro.  

Xoves 21: Poda de frutais de pepita e de oso.
              Poda do kiwi e da vide
Venres 22: Actividade práctica en viveiro
Sábado 23: Actividade práctica en plantacións

Complementaria a esta actividade haberá unha xornada práctica de poda en árbores e arbustos ornamentais que se desenvolverá nos Viveiros de San Mamed de Seavia (Coristanco).
Coordina Amancio Lavandeira e para inscricións, na dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
 
  
 VIAXE TÉCNICO PROFESIONAL A LA VENDÉE (PAYS DE LA LOIRE - FRANCIA) 
Do sábado 27 de Febreiro (saída sábado 22,00 horas) ao sábado 6 de marzo terá lugar a clásica viaxe profesional de Fonteboa a Meslay. Participan os alumnos de 1º de CFGM de Explotacions Agrarias, acompañados de técnicos e profesionais.

Para este ano as actividades a realizar centraranse no estudo de:
  •      Evolución e tendencias da actividade agraria na rexión nas diferentes producións (leite, carne, horticultura e producións hor-sol)
  •      A ordenación do territorio e o rol estratéxico da agricultura nas zonas rurais
  •      Iniciativas sobre valorización das producións agrarias (transformacióndas producións en orixe, sistemas de venda alternativos, etc)
  •      Intercambio de experiencias cos agricultores da rexión sobre as expectativas da agricultura atlántica no horizonte de 2013 (Reforma da
  •      PAC, reinvindicacións da PAAC, etc)
  •      Modelos de agricultura de grupo: GAECS, CUMAS, GEDAS

Para inscricións contactar coa Dirección da EFA. Coordinan Luis García e Constante Lorenzo.
 
  
 CURSO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR 
Complementario aos GT de Familias, e ao igual que en anos anteriores, neste trimestre teremos un Curso de Orientación Familiar. As sesións serán os sábados 26 de febreiro, 6 e 13 de marzo; pola tarde, de 16,00 a 18,00 horas. É unha actividade dirixida a matrimonios interesados na mellora das súas competencias na educación dos fillos.

Vai dirixido a pais con fillos con idades entre 10 e 14 anos..

Será impartido polo Instituto de Orientación Familiar Altamar de A Coruña.

Para inscricións, contactar coa Dirección da EFA..
 
  
 XORNADAS SOBRE INSTALACIÓNS, MANTENEMENTO E HIXIENE DE INSTALACIÓNS DE MUXIDO 
Os mércores 13, 20 e 27 de xaneiro, en horario de 10,00 a 18,00 horas, terán lugar as xornadas sobre equipos de muxido: instalacións, mantenemento, limpeza, etc.

Colaboran no desenvolvemento das xornadas técnicos de Westfalia, de Alfa Laval e de Hypred.
Coordina: Constante Lorenzo ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla )
 
  
 XORNADAS SOBRE REPRODUCCIÓN EN VACÚN DE LEITE 
Os mércores 3, 10 e 25 de febreiro estarán adicados á formación en inseminación artificial en vacún de leite. O horario será de 11,00 a 18,00 h.
Colaboran na formación algunhas gandeirías da zona e a empresa de xenética Selitel.
Coordina: Constante Lorenzo ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla )
 
  
REUNIÓNS DOS "AMIGOS DAS ABELLAS" 
Este grupo, ao que se van sumando novos efectivos, continúa co seu programa de reunións. A primeira de 2010 está convocada para o martes 19 de xaneiro as 20,00 horas. Trataranse temas de actualidade do mundo apícola, problemáticas e solucións ás mesmas e calendario de traballo para 2009 
  
ACTIVIDADES DE ADAMA 
A Asociación de mulleres ADAMA (asociación para a  dinamización e animación da muller do agro) continuará no primeiro trimestre de 2010 co seu plan de actividades: unha xuntanza mensual, un sábado, na sede da EFA en horario de 11 a 17,00 horas (diversas actividades de formación). O plan de actividades de 2010 concretarase en xaneiro e informarase. As persoas interesadas nas actividades  poden contactar coa Directiva de ADAMA ou preguntar na Dirección da EFA.
 
  
OUTRAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN AGROGANDEIRA 
  • Viaxe a FIMA de Zaragoza: Do 11 ao 13 de Febreiro
  • Xornada técnica (comprende visita de estudo a campos de ensaio) sobre manexo de pradeiras: 10 de marzo, en colaboración con Calfensa e Semillas Clemente.
  • II Xornada sobre vacún de carne: venres 17 de marzo, en horario de 10 a 14 h.

 
 
< Anterior   Siguiente >