|
O alumnado da EFA PIÑEIRAL participou na feira do queixo de Arzúa para colaborar cun proxecto de escolarización en HAITÍ.
Os alumnos sensibilizados coa catastrofe de Haití, decidiron aportar os coñecementos adquiridos nas clases para desenvolver a campaña titulada como “COLABORA COA POBOACIÓN INFANTIL DE HAITI”.
Os alumnos do ciclo de comercio venderon os produtos artesanais elaborados no obradoiro do ciclo de Panadería, Pastelaría e Confeitaría e o Ciclo de XCM elaborou a estratexia para difundir esta campaña que foi moi ben acollida polos arzuáns e visitantes.
A iniciativa partiu dunha conferencia desenvolvida no Centro, por membros desta Fundación, que tiña por obxectivo fomentar o espíritu solidario do alumnado, a través de actividades de voluntariado cos colectivos mais desfavorecidos nesta traxedia, os nenos.e forma parte dunha serie de a Esta actividade forma parte de un programa de sensibilización que está a desenvolverse ó longo de este curso no centro educativo.
Hoxe martes, voluntarios da EFA PIÑEIRAL ingresaron a cantidade recaudada na conta bancaria que a Fundación Cume ten aberta para o proxecto de escolarización de nenos haitiáns.
|