| ESO |
|
|
|
|
O proxecto de innovación no ámbito da Educación Secundaria Obrigatoria poñendo especial énfasis na orientación profesional e aportando solucións para a sua implantación no marco social e profesional do medio rural é o que teñen as Efas. Así plantexa que o importante para a formación é que se parta de realidades complexas, amplas, relevantes e con obxetivos a longo prazo vinculados coa preparación en destrezas básicas, facendo que o proxecto educativo se base en tres principios xerais que orientan o currículo: a) centrado no desenvolvemento da capacidade de pensar con autonomía b) integrado e orientado cara as tarefas dos alumnos, non cara as asignaturas do profesor c) progresando dende as experiencias prácticas cara as materias formais Para lograr estos obxetivos, o currículo estructurase en torno os Centros de Interese (CI), un ou dous durante cada trimestre. Búscase aplicar un método de ensinanza-aprendizaxe mais natural, que mantendo o interese dos alumnos permita o esforzo continuado do aprendizaxe, apoiadose na participación do entorno. ![]() |






