POLO DE ESTUDOS DA PANIFICACIÓN E REPOSTERIA | Esta iniciativa da Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia nas comarcas do Condado de Paradanta e Baixo Miño está a cargo do Centro de Promoción Rural EFA A Cancela. É un espazo de integración dos profesionais do sector da panificación e repostería e dos medios ao servizo do mesmo, e ten como obxetivos prioritarios a incorporación a éste da xuventude. O Polo integra as empresas do sector da panificación e repostería, entidades de carácter educativo, investigación, asesoramento técnico e científico así como diversas entidades relacionadas. O Polo orienta o seu traballo de promoción nunha dobre vertente, por un lado a mellora e o avance das pemes sectoriais e por outra o apoio ao propio sector como tal. Nesta segunda vertente estanse abordando iniciativas piloto de renovación técnica, programas de animación sectorial e actuacións de información e difusión.
O traballo en favor das pemes representa para o Polo o seu principal ámbito de actividades.
| POLO DE COMPETENCIAS PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL | Potenciación no territorio de actuación da cultura emprendedora. Establecemento dun dispositivo de formación para o desenvolvemento para levar a cabo actividades de formación e atencións de acompañamento a proxectos. Establecemento dun sistema de apoio ás pequenas empresas do territorio.
Establecemento dun sistema de implementacion, formación e soporte en tic as pequenas empresas do territorio.
| GEDAS (Grupos de Estudio e Desenvolvemento Agrario) | Programa e Mellora dos Sistemas productivos Agrarios. A actividade dos GEDAS no presente curso tivo un especial mpulso coa súa integración nos Programas de Mellora dos Sistemas Productivos Agrarios da Consellería de Medio Rural, o que nos permitiu asignar un técnico a dita actividade acometer investimentos no laboaratorio agrario, como elemento estratéxico para o desenvolvemento do programa de difusión das boas prácticas agrarias.Neste programa participan sesenta explotacións de leite das diferentes comarcas da costa da morte. | AINFOGRA.COM (Novas Tecnoloxías aplicadas o Eido Rural) |
Ainfogra é un innovador proxecto dirixido a dotar o medio rural dunha axeitada infraestructura tecnolóxica e de comunicacións ao servicio dos profesionais agrogandeiros en xeral e ós profesionais do sector agrario en particular sobre os beneficios das TIC como ferramenta de formación, información e xestión Subvencionado pola Consellería de Innovación e Industria, permitiu mellorar a dotación da Aula de Informatica e pretende aplicar o sofware libre no medio rural e difundir e sensibilizar á poboación rural en xeral, e ós profesionais do sector agrario en particular, sobre os beneficios que lles poden reportar as TIC como ferramenta de formación, información e xestión. | GRUPO "AMIGOS DAS ABELLAS" | Grupo de traballa de aplcultura na que participan profesionais da comarca, alumnos do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, e aqueles interesados. | RESAXEGA | A Asociación EFA Fonteboa, dende principios de 2009 está inscrita no Rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia, e a proposta de traballo para o presente ano é desenvolver un plan de xestión técnica – económica en cuestións agronómicas. Participan neste programa 25 explotacións de vacún de leite, algunhas delas xa estiveran anteriormente na AXE. | | | | |
|