| Novidades |
|---|
| Enquisa |
|---|
| Conectados |
|---|
| XORNADAS SOBRE ALIMENTACIÓN ESCOLAR |
|
|
|
|
“OS ESCOLARES APRENDEN A FACER PAN E ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA” Descargar Folleto Informativo (.pdf)
Asociación EFA A CANCELA leva a cabo nestes días, no obradoiro de Panadería e Pastelería do seu centro educativo de Formación Profesional, unhas xornadas dirixidas a alumnado de Educación Primaria da comarca Condado - Paradanta, co obxectivo de dar a coñecer os ingredentes e o proceso de elaboración do pan, así como as súas propiedades e beneficios. Os escolares teñen a oportunidade de coñecer como se elabora artesanalmente o pan de forma práctica, unha actividade ésta na que participan activamente e con entusiasmo en tódalas fases do proceso. Ademáis, levan os panciños que eles mesmos elaboran. Noutra actividade traballaron cunha aplicación informática sobre a Nutrición equilibrada. Nela, os rapaces descubriron na súa dieta os beneficios que aporta o consumo do pan :”os nenos que comen habitualmente pan teñen mayor rendemento no colexio”. E, finalmente, houbo unha charla sobre a Actividade Física e deporte, da que se encargaron especialistas do mundo do deporte. Tanto nesta, coma na outra actividade, s destacouse que o sedentarismo é o culpable de sobrepeso. E, asimesmo, suliñáronse trucos para mellorar a nutrición . Asociación EFA A Cancela Tortoreos s/n 36440. As Neves Pontevedra 986648250 Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla www.acancela.es www.efagalicia.org |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|









