TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 8 DE XUÑO 2009 - Introdución de maestras novas na col mea
- Adolfo trae un trebello inventado para desopercular o cadros de me. Explica e verase no álbum de fotos. Pendente.
- Análise dos cadros de mel mal elaborados.
- Manuel explica e trae un trebello para dar calor ós aramios dos cadros.
- Jaime e outros informan de algúns comentarios na xuntanza de AGA.
- Fálase do número significativo de abellóns.
- Evitar a colocación de cera estampada. Ventaxas e inconvenientes.
- Análise das alzas con oito cadros.
- Deixar media alza para o inverno e as vantaxas.
- Saída de enxamios.
NA XUNTAZA DO 20 DE ABRIL DE 2009, FALAMOS: 1.- Enxamios: a) Adolfo propuso recoller datos sobre a saída e a relación coa madrugada dos zánganos. Tiña controlado que era sobre as 10.00 horas e días 3, 6 e 9º. b) Varios comentaron o control e escoita do canto das maestras, especialmente o día anterior á enxamea. Esta canto é seguro para os enxamios posteriores ó primeiro. c) Don Guillermo comenta que nas Pereiras de Coristanco saíron enxamios este venres pasado (17-04-09)
2.- Hai que seguir con atención a loque e repítese o procedemento para a súa solución. 3.- Cría de maestras e selección: a) Don Indalecio agasalla ós presentes con 15 mestras aínda perto do seu nacemento. Viñan nunha xaula con mel. Todos tiveron a posibilidade de comtemplalas, para algúns era algo novo. Comenta como mantelas vivas. Píntanse. Igualmente comenta como mantelas vivas. Infórmase que na seguinte xuntanza hai que devolverlle a Don Indalecio as xaulas. c) Don Indalecio segue comentando que sería de interese realizar selección de maestras autóctonas. Don Manuel explica un plan de AGA, algunhas ideas foron selección de liñas tolerantes, técnicas de selección, cría calva, retirada de zánganos para control da varroa. Puxo especial interese en atopara colmeas resistentes á varroa.
4.- Don Indalecio comenta a cea e alterntivas son: a) Restaurantes na área de Dona Norbina e é de interese pola recollida dos asistentes. b) Na efa cun plan anterior con visitas a algún colmear, xantar na efa e sobre mesa sobre algún tema apícola. Teria lugar sobre un sábado e na primeira quincena de xullo. c) Don Pombo comenta a posibilidade dunha xantar campeste.
5.- Celebración da Patroa dos abelleiras/os, Virxe da Valvanera o xoves 21 de maio de 2009 na efa. Ver programa e moi importante falar con Dona Norbina ou Don Jaime da asisntecia e número. AMIGOS DAS ABELLAS CELEBRACIÓN DA PATROA, VIRXE DA VALVANERA, DAS/OS ABELLEIRA/OS Xoves día 21 de maio de 2009 Uns/unhas abelleiras/os asistentes á Xuntanza de Abelleiras/os, propoñen: Celebración da Patroa das/os abelleiras/os O acto será a Santa Misa en honor da Patroa, dos difuntos dos asistentes e en especial por D. José Landeira e D Antonio Muñiz. LUGAR: Capela da efa FONTEBOA DATA: un xoves día 21 de maio e ano 2009. HORARIO: a) 20.15 recepción. b) 20.30 preparación do acto. c) 20.40 celebración da Santa Misa. SE VOSTEDE ESTÁ INTERESADA/O É NECESARIO O SEGUINTE: Informar a Don Jaime Antelo con teléfono 981-733200. ou a Dona Norbina Gómez con tefno. 660039544 6.- Don Manuel é o fotógrafo do grupo. No apartado de apicultura, podrá ver apartado pertinente. Lembre que algunhas das intervencións e acción pódense ver nas imaxes.
NA XUNTAZA DO 16 DE MARZO DE 2009, FALAMOS: - De que as flores non teñen abellas. Os nabos que noutros tempos as flores amarelas eran negras polo número significativo de abellas recolectando polen e néctar.
- A química acaba coas abellas, os participantes falan de o millo, anteriormente, era unha delicia ver como estaba cargado de abellas cando florecía. Agora non se atopa ningunha abella nel e a causa é que o millo de procedencia americana algún problema tén.
- Fálase sobre as colmenas que levan case un ano sen fondos, observase que están igual ou mellor que as restantes. De isto sacáronse consecuencias prácticas como son: ventilación, piqueira, influencia da calor na colonia, varroa, cría. Igulmente da protección dos laterais con materias que protexan do frío.
- Algúns revisaron as colmeas. No caso de dous de Caban puxeron alzas. Un realizará a duplicación pillando de tres colmeas: dunha cadros con mel, outra cría e do resto abellas.
- Coméntase que os cregos debería voltar á cera auténtica nas igrexas.
- Un apicultor nesta primaveira porá en marcha: dúas cámaras de cría xuntas, pero separadas e alzas compartidas co obxecto de ver se hai maior producción.
Lembra:
- En marcha fotografías, pincha a sección de apicultura.
NA XUNTAZA DO 26 DE XANEIRO DE 2009, FALAMOS: 1.- Da desaparición das abellas: a) Dous casos significativos, unha con boa producción e en setembro con cría e moi poboada. O outro caso igual, pero con toda a mel e con abellas mortas nas celas dun xeito parecido a cando morren de fame. b) Influencia das plantacións do millo, tratamentos sen xeito, cables de enerxía eléctrica, manexo da química para “todo”, uns manifestan que incluso para matar ou queimas a silvas e herbas do redor da casa.
2.- Técnicas para recoller polen e conservalo. Vantaxas e inconvenientes para as abellas. 3.- Patroa das abelleiras/os 4.- Aproveitamento da madeira e técnicas para os cadros, tería por obxectivo o de facilitar maior comodidade ás pecoreadoras e abellas en xeral. 5.- O portal de internet. Se propón maior información. Igualmente introducir fotos dos asistentes. Queda en aportalas o fotógrafo oficial do grupos en plan voluntario. 6.- Coméntase a información achegada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) á EFA Fonteboa. O Correo apícola di: "Día do apicultor 2009. O sábado 7 de febreiro en Arzúa". Algúns organizáronse para asistir e economizar gastos, igualmente é un xeito de retroalimentar ao grupo. Agradécese aos órganos de AGA a Documentación achegada. |