Xornadas COOPERA

 

Dentro das accións de difusión dos resultados do programa COOPERA que a Federación EFA Galicia desenvolve en colaboración e coa financiación da OBRA SOCIAL LA CAIXA, celebrouse unha xornada no Centro PIÑEIRAL de ARZÚA.

 

Participaron na sesión: familias, formadores/as, mozas e mozos e persoal técnico de asociacións que traballan coa xuventude do rural.


O programa da actividade consisteu en duas partes:


  1. Exposición do obxectivo do proxecto e os resultados acadados:


Obxectivo:

Fomentar a cooperación entre os distintos axentes que participan na formación en valores dos mozos e mozas do rural.


Resultados acadados:


A creación e consolidación de grupos de traballo no que participan (familias, equipos docentes dos centros educativos, técnicos/as locais, ...) que traballan coa xuventude


Elaboración dos traballos de exploración – descubrimento – diagnóstico do territorio por cada un dos grupos sobre os valores tradicionais e actuais da xuventude rural


Programación de accións – actividades de formación en valores en cada un dos grupos.


  1. Sesión de traballo en grupo sobre o tema “AS DROGAS”


Valores a desenvolver dende a familia, centros educativos, asociacións e amizades par prevenir e axudar a xuventude rural



Entre as conclusións a destacar podemos enumerar que para previr as situacións de drogodependencia os valores a desenvolver son:


Favorecer a comunicación na familia, pais e nais co equipo docente dos centros.


Aumentar a información e a formación dos mozos e mozas e dos pais e nais en temas relacionados coa drogodependencia.


Deixarse axudar por institucións que saben tratar estas problemáticas.


A solidaridade, dar o noso tempo para acompañar e apoiar a estas persoas e o traballo que fan nas institucións.


Implicación dende a familia en todos os proxectos, actividades e problemáticas dos fillos e fillas.


Fomentar a sinceridade tanto na familia como no entorno.


A conclusión xeral poderiase resumir COMUNICACIÓN E COLABORACIÓN entre os axentes que participan na formación de xuventude