Ciclo Formativo de Grao Medio
Panadaría, repostaría e confeitaría
"Queres inventar unha gominola, que un doce leve o teu nome?"
Información
Familia | Industrias agroalimentarias |
Nome ciclo | Panadaría, repostaría e confeitaría |
Grao | Medio |
Horas | 2000 |
Módulos:
Elaboracións de panadaría e bolaría | 347 |
Formación e Orientación laboral | 107 |
Materias primas e procesos en Panadaría, Pastelaría e Repostaría | 133 |
Operacións e control de almacén na industria alimentaria | 80 |
Procesos básicos de Pastelaría e Repostaría |
240 |
Seguridade e Hixiene na manipulación de alimentos | 53 |
Elaboracións de Confeitaría e outras especialidades | 192 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría | 70 |
Produtos de obradoiro | 175 |
Sobremesas e restauración | 140 |
Requisitos de Acceso
Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
- ⎕ Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatorio ou dun nivel académico superior
- ⎕ Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos
- ⎕ Ter superado o segundo curso de Bacharelato Unificado ou Polivalente(BUP)
- ⎕ Ter aprobado a proba de acceso a ciclos medios
Saídas Profesionais
Os ámbitos onde se traballa son:
-Obradoiros artesanais ou semi-industriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría
-En hostalaría, obradoiros en restaurantes, hoteis, balnearios…
-Artesáns e profesionais por conta propia ou allea.
Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría. Nestes ámbitos, exercen como
-Panadeiro/a
-Pasteleiro/a
-Reposteiro/a
-Confiteiro/a
-Elaborador/a de bolaría
-Elaborador/a de masas e bases de pizza.
-Elaborador/a de turróns.
-Elaborador/a de caramelos e doces.
-Elaborador/a de produtos de cacao e chocolate.
-Churreiro/a.
-Galleteiro/a.
-Elaborador/a de sobremesas en restauración.
TITULACIÓN
A titulación que se obtén é Técnico en Panadaría, repostaría e confeitaría.

Empresas
Empresas colaboradoras no proxecto MEDEA (Metodoloxía Dual Empresa-Aula) e na FCT (Formación en centros de traballo)
Pastelería NOGALLÁS – Ordes Confitería Doriel - Culleredo Pastelería A TAHONA - Melide Pastelería SUEVIA – Cacheiras BLANROCH Pasteleros – A Coruña Tartas La Abuela – O Pino Pastelería MIGUEZ - Sigüeiro Fornos Fdo. VALIN - Palas de Rei Pastelería A LÚA – Arzúa Pastelería O PAZO – Arbo AGRA Panaderos – A Coruña Restaurante Recuncho da Anduriña – Vigo SUPAN S.L. – Vigo |
Panadería Casa Zapateiro-Lanzá Pastelería ELENSU – Santiago Panadería CRISTOBO – Arzúa Panadería FERRUCHO - Vilasantar Panadería MILAGROS – Ordes Panadería GARCOS – Coristanco Panadería VÁZQUEZ- Arzúa Panadería MANSO – Antas de Ulla Panadería TOQUES - Toques Panadería PIRUCHO – A Cañiza Panificadora Sta. CRUZ - Oleiros Panadería TRISQUEL - Melide Tahona Coruña S.L. – A Coruña |
Proxecto Medea: Metodoloxía Dual Empresa-Aula
MEDEA é un proxecto de innovación pedagóxica inspirado na
formación dual e na metodoloxía da alternancia. Ten como
obxectivos a inserción laboral e a integración social do alumnado,
o fomento do emprendedurismo, e conseguir que a Formación
Profesional responda ás demandas empresariais.
MEDEA achega a formación ás empresas e as empresas á formación. Como resultado, a formación do alumnado completase de xeito que cada un/unha:
Define cal é o seu proxecto profesional e traballa aqueles aspectos que precisa para conseguilo.
Acada a madurez necesaria para desenvolverse coa responsabilidade, profesionalidade, autonomía e iniciativa propias do entorno laboral.
Coñece o seu entorno de xeito real e o maior número posible de empresas, empresarios e profesionais do sector ó que quere incorporarse.
Para lograr isto, é preciso educar na vida profesional e para a vida profesional, dende o Centro Educativo pero coa colaboración solidaria e imprescindible do entorno, relacionando as aportacións de ambos para unha comprensión significativa da realidade profesional á que se quere incorporar o alumnado. Deste xeito, o entorno socio–económico e socio–empresarial deixan de ser unha circunstancia para converterse nun completo e valiosísimo recurso educativo.
Piñeiral conta coa colaboración de máis de 200 persoas (empresaios/as, profesionais, titores/titoras en empresa…) participando na formación do alumnado cada curso.

Master-PREC
MasterPREC é unha actividade que a comunidade educativa do Ciclo Formativo de
Grao Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría (PREC) deseñou para dar a coñecer a profesión de
artesán pasteleiro/a, tan tradicional na nosa cultura, ó alumnado de ESO. A actividade é un obradoiro
no que, ademais de entreter, transmítense aspectos técnicos e nutricionais.
Os obxectivos que se pretenden con este obradoiro son:
-Espertar no alumnado o interese e o gusto pola pastelaría, repostaría e confeitaría, de xeito que poidan coñecer e valorar estas profesións.
-Tomar conciencia da importancia dos aspectos técnicos e nutricionais no plan de produción.
-Coñecer as cualidades e capacidades propias de esas actividades.
-Fomentar nos participantes a creatividade, a innovación, a capacidade de organización e de traballo en equipo.
Para impartir MasterPREC, é fundamental a involucración do alumnado que está a cursar o ciclo Medio de Repostaría xa que son os que transmiten os seus coñecementos á xente nova que participa na actividade.
As receitas que se elaboran en MasterPREC son sinxelas pero creativas e innovadoras, buscando sempre que os participantes xoguen e traballen coas distintas texturas, sabores e cores ata acadar o produto desexado.

Residencia / Comedor
Piñeiral ofrece ás súas residentes un programa encamiñado a:
Mellorar a formación académica: O sistema de estudo dirixido facilita aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.
Mellorar as competencias e habilidades profesionais: a autonomía, as tarefas en equipo, a participación activa, a axuda mutua, a organización e xestión responsable do tempo, son hoxe un requisito en calquera empresa.
Mellorar as habilidades sociais: a comunicación e a convivencia con outras persoas, de distintos sitios, con carácteres distintos, pero nun ambiente de familia e en pequeno grupo, leva á madurez, ó respecto e á tolerancia.
O proceso comeza co apoio de todo un equipo de profesionais desde o primeiro día dese estreo de amizades, lugar de residencia e centro educativo, e vaise fortalecendo coa participación e implicación progresiva das residentes.

Idiomas
O dominio de idiomas é unha fortaleza que mellora as posibilidades de acceso ó
mundo laboral e tamén as de promoción dos profesionais.
Dende este curso 13/14, Piñeiral é centro preparador dos exames oficiais de Cambridge para o inglés, e de Goethe Institut para o alemán.
Tamén aproveitaron esta oportunidade o antigo alumnado e unha variada representación de profesionais do entorno do centro.
Outra actividade derivada da aprendizaxe de linguas é a realización de viaxes de inmersión lingüística e, no curso 13-14, estivemos en Irlanda.

Estudo Dirixido
En Piñeiral, ofrecemos a posibilidade a todo
o alumnado de participar no estudo dirixido que, orientado por un profesional deste
centro, ten lugar de luns a xoves de 17,00 a 18,30.
A finalidade desta actividade é a de aprender, aplicar e personalizar as técnicas de estudo e as estratexias necesarias para unha aprendizaxe satisfactoria. Ademais, favorece que as tarefas se leven ó día, que se aproveite o tempo, que se poidan consultar dúbidas e que o proceso de estudo teña a continuidade que precisa para obter os mellores resultados.

Bolsa de Traballo
Desde este servizo, canalízanse as solicitudes de emprego que se reciben por
parte das empresas.
A bolsa de traballo de Piñeiral conta con máis de 30 anos de experiencia e está dirixida ó antigo alumnado que nos informa sobre os seus desexos de cambiar de actividade ou de empresa, de atopar un posto máis preto o con outras condicións, ou que aínda non traballa por ter rematado hai pouco os seus estudos.