Menu Content/Inhalt
HOME arrow PRECAUCIÓNS
PRECAUCIÓNS Imprimir Correo-e

 

O criterio básico para evitar intoxicacións por inxestión de setas tóxicas é consumir únicamente aquelas setas que se sabe con toda certeza de que especie son. Si se ten algunha dubida sobre a identificación dunha seta, debe despreciarse.


Hai que sinalar que son falsas as regras de carácter xeral para identificar as setas tóxicas, como por exemplo a de inxerir un gran de allo ou a da cuchara de plata. Igualmente é falso que as setas comidas polos caracoles, ou por outros animais, non sexan tóxicas; as setas, como outras prantas, poden ser tóxicas para o home e non selo para os caracoles ou outros animais. Un dito popular dí “tódalas setas se comen, pero algunhas solo unha vez”.


Cando se recollen setas deben collerse únicamente as de especies comestibles conocidas, que se sepan identificar sin ningunha dubida.

Hai que coller setas que presenten un bo estado de conservación e deixar as que xa empezaron a descompoñerse ou que estean podres, empapadas de auga ou que se xearan durante a noite.


Para recollelas debese cortar  o pe con unha navalla ou coitelo adecuado, nunca se deben arrincar, xa que tamen arrastramos o micelio e con el a posibilidade de novas setas para outro ano.


As setas deben transportarse en recipentes ríxidos e ben aireados, como cestos, para facilitar a rexeneración dos montes con esporas das setas, nunca en bolsas de plástico, para evitar que se aplasten ou que fermenten.


Conven consumilas canto antes mellor xa que a maioría alteranse con bastante facilidade. Para conservarlas o mellor lugar é o frigorífico, no caixón das verduras.


É recomendable consumilas cocidas; algunhas setas, comestibles unha vez cocidas, poden ser mortais si se comen crudas.

Dado que algunhas setas non son de dixestión fácil, é aconsellable consumilas con moderación, preferentemente como acompañamento.


Finalmente, debese ter en conta que na recollida de setas, temos que respetar o monte; a práctica, por desgracia bastante frecuente, de remover o musgo ou a folla, provoca a desecación do solo impedindo que saian máis setas. Tampouco se deben destruir as setas non aproveitables polo seu mal estado ou especies que non se coñecen e que, polo tanto, debese ter a prudencia de non collelas.

 
 
Proxecto Cofinanciado Por:
 
 
 
 
 

Novidades

As catro primeiras fins de semana de novembro de 2008 as persoas que se aloxen nunha das casas, hoteis ou pensións rurais que participan no “Novembro Micolóxico en Turismo Rural”, poderán gozar dunha xornada micolóxica na que se impartirá un curso teórico e práctico sobre a recollida e clasificación dos cogomelos.

Maís Información

 
Proxecto Cofinanciado Por:
 
 
 
  Copyright: Copyleft