No ano 2018, a Asociación EFA Fonteboa de Coristanco, convencida do potencial da apicultura como actividade económica xeradora de riqueza para o territorio, decide solicitar unha subvención para a creación dun centro que lle permita dispor dos recursos materiais necesarios para a capacitación, promoción e a investigación nesta área.
A dirección xeral de AGADER resolveu favorablemente conceder esta axuda (ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. Convocatoria 2018-2019), grazas á cal se crea o “Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola” (CICAPIS), equipando un local situado nas instalacions da Asociación EFA Fonteboa (Coristanco – A Coruña), coas tecnoloxías, equipamentos técnicos e ferramentas necesarias para a consecución dos obxectivos propostos.
A finalidade última do CICAPIS e difundir, valorizar, capacitar, e innovar na actividade apícola como fonte xeradora de riqueza económica, social e, principalmente, medioambiental na zona de influencia da escola, combatindo os principais problemas da apicultura actual: a falta de interese por parte da mocidade por unha actividade que se atopa concentrada en persoas de idade media-avanzada, a falta de profesionalización ou semi-profesionalización do sector, a escaseza de innovación na mesma, etc. As actividades ou actuacións planificadas resúmense en:
LÍNEAS DE TRABALLO 2020/2021
Neste curso as principales líneas de traballo do CICAPIS serán as seguintes:
Trátase dun curso continuado de apicultura concibido para persoas que queren iniciarse na actividade e iniciados que pretenden ampliar os coñecementos. Os alumnos aprenden os procesos e operacións que levan a cabo nunha explotación ao longo de toda a campaña apícola.
O programa desenvólvese durante 50 h lectivas estruturado en 3 módulos de 3 meses de duración cada un aproximadamente:
Neste epígrafe integramos os cursos de curta duración orientados á formación específica en aspectos concretos da apicultura:
Trátase de accións formativas de curta duración (1 – 2 días) de periodicidade trimestral para tratar sobre temas técnicos ou de actualidade que poden interesar aos apicultores locais, e que están orientados á profesionalización e a mellora competencial. As xornadas centraránse en aspectos como os seguintes:
Elaboración de estudos / ensaios / proxectos que se deseñan pensando sempre no interese dos apicultores locais. Trátanse aspectos concretos que poidan supoñer unha mellora para o desenvolvemento e profesionalización da actividade apícola en Galicia (Apicultura Aplicada):
Como complemento e reforzo das accións anteriores, para o curso 2020 -21 propóñense as seguintes actuacións no eido da promoción da apicultura.
A mesma actividade do epígrafe anterior será proposta aos CIP e CIP de Coristanco e concellos limítrofes.