O pasado sábado 5 de marzo tivemos en Fonteboa a primeira das Xornadas de Intercambio de Coñecementos en Apicultura coas que se quere fomentar a aprendizaxe técnica de manexos en explotacions apícolas, a través das experiencias compartidas por apicultores experimentados.
Nesta ocasión visitóunos Juan Ramón Gentil, apicultor ourensán con preto de 400 colmeas en explotación. Falóunos da sua experiencia na utilización do ácido oxálico para o tratamento contra a Varroa (un ácaro que é unha das principales ameazas das abellas).
Despois da comida fixo unha demostración moi interesante sobre o emprego das distintas técnicas existentes para a aplicación do ácido oxálico nas colmeas.