Protocolo na mesa
Dentro do noso plan de educación e formación en valores, e correspondendo co valor traballado no noso centro este mes de outubro, o pasado día 6 tivo lugar unha sesión formativa de protocolo na mesa.
Tratáronse diversos puntos orientados ao traballo na empresa: temas de conversación en comidas de negocios, colocación dos convidados, como abordar o momento da conta, … etc. Pautas para saber estar e saír airoso dunha comida de traballo.
Á súa vez, exemplificouse o xeito correcto de vestir e colocar unha mesa, os tipos de copas e orde, vaixela,… todo o necesario para coñecer o protocolo e ser tanto perfecto anfitrión como perfecto convidado.
Á sesión acudiron todos os alumnos e alumnas do centro, cualificando a sesión, ao seu remato, como positiva, útil e interesante.