Beatriz Sotelo, liderando o equipo do centro de formación EFA Piñeiral, levou á Festa do Melindre de Melide novas elaboracións con masa de rico
A conselleria de medio rural, Ángeles Vázquez, a alcaldesa Dalia García e outros embaixadores do melindre 2017 puideron disfrutar das novas elaboracións.
A estrela michelín, embaixadora do Melindre e docente da EFA Piñeiral Beatriz Sotelo liderou a presentación das elaboracións que o centro de formación profesional de Arzúa EFA Piñeiral realizarou onte domingo no transcurso do día grande da Festa do Melinde.
#QuéRico, #DoceRico e Cupcakes con crumble e masa de rico son as sobremesas que se puideron degustar ou mercar no evento feitas coa xenuina masa de rico melidense.
“Unha aposta para por en valor o noso patrimonio gastronómico e reposteiro, para demostrar a versatilidade e riqueza que un produto tan arraigado na nosa repostaría como os melindres de Melide, e os Ricos máis concretamente, poden achegar á oferta doce ”, afirma a chef que forma parte do equipo docente do centro da Efa Piñeiral dende este curso académico. Asemade, durante toda a xornada houbo demostracións de repostaría a cargo das docentes e do alumnado do ciclo de formación profesional Panadaría, Repostaría e Confeitaría.
Artigos de prensa relacionados
El Correo Gallego: "A Efa Piñeiral conquistou os padais da man de Bea Sotelo"