

Proxecto InnAVET
(Innovación na Formación Agrícola en África)
A Federación EFA Galicia participa como socio no proxecto europeo “Innovation of African VET in Agriculture – InnAVET”, (2026-2028), financiado polo programa europeo Erasmus+ Capacity Building.
Esta iniciativa ten como obxectivo innovar a formación profesional (VET) no sector agrícola en Camerún, Malí e Burkina Faso, promovendo un modelo educativo moderno, sostible e aliñado coas esixencias reais do mercado laboral.
• Duración: 36 meses (xaneiro 2026 – decembro 2028).
• Tipoloxía: Desenvolvemento de capacidades no ámbito da Educación e Formación Profesional (Capacity Building in VET).
• Referencia: ERASMUS-EDU-2025-CB-VET - GA n.101242413.
Partenariado
O proxecto conta coa colaboración de 8 organizacións (4 africanas e 4 europeas) de 5 países diferentes, SCF- Scuola Centrale Formazione (Italia), como socio coordinador, Federación EFA, MUNDUS (España), PROCEFFA, INTIME (Camerún), Centre Père Michel, CFAP-KAY (Mali) e Pavoniani (Burkina Faso)
Obxectivos do Proxecto
A finalidade principal de InnAVET é reforzar a formación profesional agrícola nos países destinatarios mediante:
• Innovación e Competencias: Achegar novas ferramentas para responder ás demandas do mercado e fomentar o desenvolvemento das comunidades locais.
• Empregabilidade: Crear mellores oportunidades de traballo, tanto por conta allea como de xeito autónomo.
• Sostibilidade: Promover prácticas agrícolas máis respectuosas co medio ambiente.
• Metodoloxía: Potenciar o aprendizaxe baseado no traballo para reducir a fenda entre a formación académica e o mundo empresarial.
Principais Actividades
Para acadar estes obxectivos, o proxecto desenvolverá as seguintes liñas de acción:
1. Mobilidade e Job Shadowing: Formadores africanos realizarán estadías en Italia e España para coñecer modelos de excelencia en innovación pedagóxica e técnicas agrícolas de vangarda.
2. Desenvolvemento de Capacidades: Formación específica para directivos e docentes en Camerún, Burkina Faso e Malí para adaptar currículos e materiais didácticos.
3. Transferencia de Coñecemento: Actualización dos programas formativos para os estudantes nos centros locais.
4. Programas de Alternancia: Experimentación dun modelo de formación dual (estudos e prácticas) baseado no modelo de éxito de PROCEFFA.
5. Alianzas Estratéxicas: Sinatura de protocolos de colaboración entre os centros de formación e as empresas locais para fortalecer o tecido produtivo.
Máis Información
• Páxina web do proxecto: Proximamente dispoñible.
NOVAS RELACIONADAS























