Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerle productos y servicios adecuados a su perfil. La base del tratamiento es el consentimiento, salvo en el caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar. Puede consultar los datos de contacto del titular de la web y responsable del tratamiento en elAviso legal. Puede acceder a nuestra Política de cookies para obtener más información sobre su uso y su gestión en nuestras web.

 

 

 

O pasado xoves 9 de maio tivo lugar o primeiro evento multiplicador cuia finalidade foi dar a coñecer o proxecto DigiAgri. Dende a Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) axudouse a dar publicidade ao evento e, así mesmo, facilitouse un aula na cal realizar a exposición.

Á presentación acudiron tanto profesores coma alumnado do Campus con curiosidade por coñecer esta nova ferramenta formativa. A exposición do proxecto estivo a cargo de Alicia Fernández (Técnica do Proxecto DigiAgri) e Juan Antonio Santos (Profesor do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa).

Para finalizar o evento pediuse aos asistentes que avaliaran e opinaran acerca da plataforma DigiAgri obtendo resultados moi positivos. Ademais, a todos eles se lles dou acceso coma estudantes á plataforma para que poidan avaliar os seus contidos integramente agora que, trala presentación, adquiriron certas nocións de como comenzar a usala.

Valoramos positivamente o impacto que este evento poida ter para o coñecemento da plataforma, do proxecto e da horticultura ecolóxica. Por último, mencionar que seguiremos traballando e dando a coñecer DigiAgri para que sexa o que pretendemos facer dela: unha ferramenta formativa que veu para quedar.

 

 

 
Erasmus

Encuentra toda nuestra oferta formativa en Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación en el medio rural

Title Text

Proxectos de Impacto Local

Title Text

Internacionalización y Medio Rural

Title Text

Proyectos relacionados con la Mujer Rural

Title Text

Voluntariado y Cooperación

Title Text

sello

FEDERACION EFA GALICIA , entidad beneficiaria del Programa Agentes del Cambio- Kit Consulting. Ayudas de la Unión Europea destinadas a la contratación de servicios de asesoramiento para la transformación digital en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España. Financiado por la Unión Europea- Next Generation EU.

 

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo