PIMUS
Diputación de A Coruña
O proxecto pretende apoiar o emprendemento e a inserción laboral dun colectivo de mulleres de zonas rurais desfavorecidas da provincia da Coruña, en concreto das bisbarras rurais da Costa da Morte, Ordes e Arzúa - Terra de Melide.
O proxecto contempla como elementos clave:
1. A dinamización e tutorización ata o lanzamento da iniciativa empresarial, no marco dun proceso de seguimento continuo e atención personalizada segundo as demandas das destinatarias.
2. A formación:
- Específica para a homologación das competencias profesionais e a súa acreditación.
- TIC para a xestión do traballo na empresa: deseño e desenvolvemento dunha aplicación de software de xestión adaptada ás características da iniciativa
- Formación en centros de traballo a través de convenios de colaboración. Prácticas profesionais non laborais.
3. Asesoramento nos itinerarios de inserción:
- Para emprender a iniciativa empresarial: constitución da empresa, análise do mercado, mercadotecnia, xestión financeira, etc.
- Para integrarse como persoal traballador nas empresas con presenza no territorio Seguindo este proceso, o proxecto prevé como resultado final a inserción profesional dun grupo de emprendedoras nas áreas rurais de Galicia, pero tamén a creación dun servizo para atención ás persoas que permita dar solucións ás demandas da poboación, polo tanto favorece o arraigamento desta no territorio á vez de favorecer a súa atractividade para a instalación de novas xeracións. Formúlase pois, un modelo de creación de emprego transferible a calquera área rural doutros territorios.
Obxectivos:
- Apoiar o emprendemento e a inserción laboral dun colectivo de mulleres de bisbarras rurais desfavorecidas da provincia da Coruña
- Tutorizar ás destinatarias nos seus itinerarios de inserción durante todo o proxecto
- Explorar o territorio para descubrir as oportunida-des de emprego neste sector e definir a iniciativa emprendedora e deseñar
- Deseñar e incorporar procedementos innovadores (TIC) e Impartir formación específica para o desenvolvemento da iniciativa emprendedora
- Difundir e valorizar os resultados para a súa transferibilidade
Proxecto Financiado por:
NOVAS PIMUS
- Guía de Boas Prácticas (25-06-2015)
- Software de Xestión de Empresas de Servizos a Domicilio (01-06-2015)
- Sesión no proxecto PIMUS sobre comunicación en Tordoia (28-05-2015)
- Obradoiro PIMUS de mobilizacións e cambios posturais en Melide (27-05-2015)
- As participantes do proxecto PIMUS de Melide participaron nunha sesión sobre sobre a aplicación XeSad (26-05-2015)
- Obradoiro sobre aseo e hixiene a dependentes en Cee (26-05-2015)
- Estudio do medio coas mulleres de Cee (29-04-2015)
- Sesión de traballo sobre busca activa de emprego en Cee (28-04-2015)
- O grupo PIMUS de Tordoia estivo a traballar sobre a Lei da Dependencia (26-03-2015)
- Asesoramento persoalizado ás mulleres do proxecto PIMUS (23-03-2015)