Programa Mentoring na Empresa
A Federación EFA Galicia está a participar no Programa Mentoring na Empresa Impulsado pola Consellería de Política Social e Xuventude co obxectivo de ofrecer unha oportunidade de inserción laborar a xoves entre 18 e 30 anos mediante estadías formativas durante ata tres meses. Estas persoas deben estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para o cal non poden estar traballando nin estudando no momento de facer a solicitude.
Ofrécese unha bolsa de formación por persoa participante de 630 euros mensuais incrementables en 100 euros para persoas de concellos distintos á empresa de prácticas, e outros 100 euros nos casos de persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. Para isto, as persoas beneficiarias deberán realizar as estadías durante 100 horas ao mes repartidas en, como mínimo, 4 días á semana. Ademáis, dende a Federación ofrecemos unha formación en liña relacionada con habilidades e competencias para o emprego estimada en 40 horas.
Dentro do extracto podes encontrar máis información, e tamén a través da páxina web de xuventude: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/25977-aberto-o-prazo-para-que-entidades-e-concellos-se-acollan-ao-novo-programa-xuventude-mentoring-na-empresa.
Se desexas participar, accede ao noso formulario de inscripción ou ponte en contacto a través do teléfono 672188932 - vía telefónica ou Whatsapp/Telegram.
Novo prazo de inscrición: Ata o 12 de setembro de 2023.
Enviar formulario de inscripción a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..