Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

 

AS EFAS EN GALICIA

Os Centros de Promoción Rural – Escolas Familiares Agrarias de Galicia, son pola súa natureza un movemento asociativo, que agrupa a familias e profesionais do medio rural galego, cuio obxectivo é contribuir a promoción profesional e social do medio rural a través de accións educativas: formación profesional regrada para os xóvenes e formación continua e ocupacional para adultos e outros xóvenes.

Asociacións de familias e profesionais cuia finalidade é a promoción colectiva do medio rural.

Con esta fórmula asociativa, pretendese poñer en marcha un instrumento de formación, desenvolvemento, que desperte nas familias e outros profesionais do medio o seu papel responsable na educación e no desenvolvemento. O protagonismo das familias no centro educativo, a intervención dos responsables de empresas nos períodos de formación dos alumnos, a participación de numerosos profesionais en actividades formativas, e as experiencias de traballo asociado dos antigos alumnos, son entre outras accións a expresión dun protagonismo real dos homes e mulleres do mundo rural.

Nas asociacións EFA actuais agrúpanse a:

  • Os pais dos alumnos actuais
  • Os pais dos antigos alumnos
  • Os antigos alumnos
  • Os responsables da empresa
  • Todas aquelas persoas que queiran colaborar no desenrolo dos fins fundacionais.

En Galicia existen, na actualidade tres Centros de Promoción Rural – EFA, que xuntos constitúen a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia. Fonteboa (Coristanco,  A Coruña), Piñeiral (Arzúa, A Coruña), A Cancela (As Neves, Pontevedra). Recentemente creouse a Fundación para a Promoción e Desenvolvemento Rural (FUNDESAR), que ten por obxectivo, entre outros, o impulso das EFAs e a súa xestión patrimonial.

 

A QUEN VAI DIRIXIDA A EFA

Estas accións formativas van dirixidas tanto a adolescentes e xóvenes, en ensinanzas regradas, e adultos, varóns e mulleres, frecuentemente con necesidades específicas en formación continua, e que desexan traballar e vivir no medio rural.

 

CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS DA EFA

Podemos dicir que as EFAs se atopan implicadas na formación do medio rural:

  • Porque pretenden ser focos de formación, para a promoción e desenvolvemento de amplas zoas
  • Porque están próximos as dificultades e necesidades dun medio concreto, o rural.
  • Porque son centros de pequena dimensión (máximo 150 alumnos)
  • Porque buscan impartir a formación de modo personalizado, preocupándose polo futuro, pero inminente, traballo de cada un dos seus alumnos ou alumnas
  • Porque se organizan por equipos compactos de formadores que están atentos as necesidades cambiantes da sua área de actuación e en permanente contacto cos axentes sociais
  • Porque a formación impártese en colaboración coas institucións e colectivos do entorno (asociacións, concellos, sindicatos, empresarios, etc...)
  • Porque se configuran como centros residenciais para favorecer a asistencia de pequenos colectivos de áreas rurais evitando longos desprazamentos e amplificando a oferta formativa
  • Porque incorpora unha ensinanza activa, gracias a alternancia, con unha formación moi próxima a realidade socio-profesional do entorno, o que facilita a motivación na escola e a inserción laboral e o autoemprego o terminar.

En definitiva, as EFA son centros de formación para o desenvolvemento do medio rural, abertos e centrados na persoa, que respetan e favorecen a pluralidade cultural, co obxectivo do emprego a través da adquisición de capacidades de formación permanente. Apostan pola vida no rural, fomentando a autoestima e a confianza, aprendendo a dialogar, a traballar xuntos e a exercer as súas responsabilidades. Procuran que a xente

“se quede mellor e non que emigre mellor”

.
Resumindo: a metodoloxía das EFA é:

  • En primeiro lugar é unha Formación realista

Que a través dunha metodoloxía activa, derivada da alternancia, busca aprender facendo, indo do concreto ó abstracto, ensinando a observar, a reflexionar, a dialogar, a organizar as propias ideas,  en definitiva axudando a descubrir a futura orientación laboral do alumno.

  • En segundo lugar propón a globalización do aprendizaxe

Que a través dos centros de interese profesional pon ó alumno como centro do proceso formativo asociando e implicando materia e actividades de todos os módulos (visitas, charlas de expertos, etc.) e busca lograr a investigación a través da acción persoal e de grupo.

  • E en terceiro lugar a Inserción profesional
  • En consonancia coa experiencia educativa do “Vocational Training” inglés, da ensinanza dual alemana e do modelo francés da alternancia, o que se busca é a real implicación das empresas no proceso formativo, única forma de capacitar en habilidades practicas útiles e de fomentar o autoemprego.
  • A metodoloxía que se imparte nas Escolas Familiares Agrarias e Centros de Promoción Rural é a mesma que se aplica en cerca de mil centros similares de Europa, África, América e Oceanía que se basea na Alternancia.


Polo tanto as características que distinguen a unha EFA como centro educativo de outras institucións son:

  • Unha metodoloxía propia: A Alternancia formativa seguindo o modelo orixinal das Maisons Familiales Rurales de Francia.
    • Interacción educativa empresa-escola-medio social.
    • Proceso de aprendizaxe: observación, acción, reflexión
    • Ritmo apropiado entre as estancias na empresa e na escola
  • Unha responsabilidade social compartida: a asociación, que apoia a xestión do centro educativo, na que participan:
    • Profesionais e empresarios da zoa: A Empresa
    • Pais de Alumnos: A Familia
    • Institucións Publicas e Privadas: Axentes Sociais
  • Un proxecto persoal para cada alumno: formación personalizada para facilitar a transición da escola a vida activa.
    • Orientación profesional
    • Proxecto de creación ou mellora da empresa familiar
    • Inserción laboral
    • Traballo en equipo

 

QUE NOS DISTINGUE DE OUTRO CENTRO

As EFAs distínguense doutros centros educativos e de formación porque o marco no que se sitúan ten os seguintes límites característicos.

  • Dase prioridade a actividade practica do alumno no ámbito da empresa real sobre a actividade teórica e simulacións de prácticas na aula.
  • Pártese da situación inicial do alumno e das súas necesidades como futuro profesional, que debe terminar na elaboración dun proxecto persoal e profesional.
  • Hai unha relación continua cos responsables sociais e profesionais do entorno próximo
  • Hai un contacto estreito dos formadores cos alumnos, as súas familias e as empresas, facéndolles participar na actividade ordinaria do centro.

 

CAL É O PAPEL DOS FORMADORES

Coa posta en practica da Alternancia Formativa o centro educativo, e con el os formadores e profesores, convertense nun verdadeiro catalizador desta interacción enriquecedora e non no centro posuidor do saber. Neste sistema dinámico o alumno aprende contidos e aprende a aprender, mentres que os formadores deben xestionar e coordinar a adquisición, por parte dos alumnos, de competencias de carácter persoal, profesional e social.

A FAMILIA

As familias na EFA son  fundamento da acción educativa. Non son meros usuarios ou colaboradores na formación dos seus fillos, senón protagonistas comprometidos directamente no programa de formación que a EFA promove.

A autoxestión non é un concepto que a EFA incorporou recentemente, senon algo que está presente con maior ou menor forza, según a responsabilidade das familias, desde a súa orixe e canalizase a través da súa participación no comité xestor, no consello escolar e na Asociación.

A orixinalidade incuestionable dunha EFA é a de ser un Centro de Promoción en onde as familias no so promove unha fórmula educativa de calidade para os seus fillos, senon que anima toda unha serie de accións que presentan unha contribución directa a súa formación persoal e a promoción profesional do medio.

 

 

DIMENSIÓN NACIONAL
 
Os centros de Promoción Rural – EFA intégranse na Unión de Centros de Promoción Rural – EFA (UNEFA) de ámbito estatal. Esta institución engloba no seu seo a 36 asociacións do medio rural, nun total de 22 provincias pertencentes a 9 Comunidades Autónomas.

En España existen 26 EFAs distribuidas en 7 Comunidades Autónomas:
  • Andalucía                     6
  • Aragón                          3
  • Castilla La Mancha      7
  • Extremadura                2
  • Madrid                          1
  • Valencia                       3
  • Galicia                          3

Asímesmo pertécese ou particípase nos seguintes organismos:

  • Association International des Naisóns Familiales Rurales (AIMFR)
  • Confederación de Organizacións Familiares de la Unión Europea (COFACE)
  • Confederación Europea de Agricultura (CEA)
  • Federación Internacional de Economía Familiar (FIEF)
  • Comité Económico e Social da UE (Comisión de Asuntos Sociais)
  • Campañas e Programas de Educación do Consello de Europa


 

DIMENSIÓN INTERNACIONAL

 

En todo o Mundo existen máis de 1000 EFAs repartidas da seguinte forma:
  • Europa:  531
  • Asia:      6
  • África:  129
  • América: 353

 

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo