Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerle productos y servicios adecuados a su perfil. La base del tratamiento es el consentimiento, salvo en el caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar. Puede consultar los datos de contacto del titular de la web y responsable del tratamiento en elAviso legal. Puede acceder a nuestra Política de cookies para obtener más información sobre su uso y su gestión en nuestras web.

 

 

Programa europeo Leonardo dá Vinci

STRAT-Training


A Federación EFA participa no proxecto transnacional STRAT-Training, no marco do Programa europeo LEONARDO, TOI (Transferencia de Innovación), que terá unha duración de 2 anos (Outubro 2013-setembro 2015).

Este proxecto ten como obxectivo desenvolver unha estratexia para axudar ás pequenas empresas rurais (especialmente no sector da agricultura) a facer fronte aos continuos cambios do contexto actual (novas necesidades dos consumidores, competencia, prezos das materias primas, restriccións legais, cambios na PAC, desenvolvemento sostible,...).

Esta estratexia vaise elaborar a partir da transferencia de métodos e ferramentas dos diferentes socios europeos, a través da formación de formadores e da experimentación destas ferramentas e métodos nos diferentes territorios. Esta formación terá recoñecemento no marco do ECVET (Sistema Europeo de Créditos para a Educación e a Formación Profesional).

O proxecto terá como produto común: un dispositivo pedagóxico que integra diferentes ferrramentas con unha estratexia específica, elaborado dende unha visión colectiva.

Ademais do traballo que cada socio levará a cabo no seu territorio, ao longo do proxecto vanse realizar encontros transnacionais en cada país dos socios participantes.

No proxecto participan 7 socios principais e 2 organismos asociados.

Socios principais:

  • RESOLIA – Francia, (socio promotor)
  • AC3A – Francia SUPAGRO- Francia
  • Federación EFA Galicia – España
  • TUC (Universidade Técnolóxica de Creta) – Grecia
  • Academy of Learning – Reino Unido DAAS – Dinamarca


Organismos asociados:

  • AGRIDEA – Suiza
  • GAL Dunarea de Jos – Rumanía

 

Web do proxecto:  https://strattrainingproject.wordpress.com/

 

Novas do proxecto

 
Erasmus

Encuentra toda nuestra oferta formativa en Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación en el medio rural

Title Text

Proxectos de Impacto Local

Title Text

Internacionalización y Medio Rural

Title Text

Proyectos relacionados con la Mujer Rural

Title Text

Voluntariado y Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo